Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

FEIRA DE CUSPEDRIÑOS

CUSPEDRIÑOS REMEMORA A SÚA FERIA MÁIS FAMOSA

Nesta Feira, podemos atopar produtos alimenticios e artesanía, por parte dos artesáns, non só do Concello de Cerdedo – Cotobade, senón de todo o territorio. Para participar como artesán hai que solicitalo por escrito, durante o mes de abril.

Regresamos a mediados do século XX para revivir o esplendor da feira que foi o referente da economía desa época. Aínda que, inicialmente esta feira era de gando, na actualidade trátase de exaltar os produtos artesanais e a gastronomía da feira. Dentro deste marco, cóidase a estética dos materiais e ambientación da feira, polo que invitamos a todos, a que veñan vestidos dos anos 50-60 (desempoar a roupa dos avós) e que poidades achegar ata Cuspedriños para compartir unha xornada emocionante e divertida.

xente cuspe

O gando e a agricultura segue estando presente na feira, coa exposición de razas autóctonas, como galiña de mos, porco celta, etc … no entorno do curro. Na terraza da carballeira establécense os artesáns e oficios que ofrecen os seus servizos aos visitantes. No entorno do mercado tradicional están situados os produtos de alimentación: pan, queixo, embutidos, requeixo, viño, filloas.

Vinde a pasar unha xornada de romería, traede a comida ou comede na Carballeira…!!!

Facebook
  • Solicitudes para participar como artesán ou colocación de postos na Feira de Cuspedriños.

Prazo pechado.

26 Abril, 2018