Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

II XUNTANZA DA TERCEIRA IDADE

II XUNTANZA DA TERCEIRA IDADE CERDEDO-COTOBADE        

22 de Setembro de 2018

 A Xuntanza terá lugar no Pavillón de Cerdedo, iniciarase ás 12:00 horas cun acto relixioso na Igrexa de Cerdedo, posteriormente ás 12:40 horas actuación dos  Abrentes de Cerdedo.

Ás 13:30 horas apertura do pavillón, o xantar de confraternización comezará ás 14:00 horas, rematado o cal haberá diversas actividades culturais e de lecer.

O Concello pon a disposición dos veciños autobuses para que todo o mundo poida acudir á comida, deberán comunicalo no momento da inscrición, os días 20 ao 21 de setembro terán que chamar o concello para saber parada e horas de recollida.

REQUISITOS:
  • Estar empadroados.
  • Ter 65 anosou pensionistas con 55 anos, así como os cónxuxes de ambos
  • As persoas non empadroadas nacidas en Cerdedo-Cotobade e os seus cónxuxes, poderán participar pagando a totalidade do prato.
  • Fillos con discapacidade intelectual acompañados dun adulto.
  • Maiores do Fogar Residencial de Cerdedo-Cotobade

CUOTA DE INSCRICIÓN: 10 EUROS

LUGAR E DATA DE INSCRICIÓN:

  • CERDEDO: Do 27 de agosto o 20 de setembro na oficina de Servizos Sociais, en horario de 10:00 horas ata 13:30 horas, rematando o prazo o día 20 de setembro.
  • COTOBADE: Do 10 de setembro o 20 de setembro, na oficina de Servizos Sociais, en horario de 10:00 horas ata 13:30 horas, rematando o prazo o día 20 de setembro.
Compartir
22 Agosto, 2018