Ruta na procura do “Foxo do Lobo”, elemento que tiña como finalidade darlle caza ó lobo no pasado. Está composto por dous altos muros de cachotería , de gran lonxitude dispostos a modo de funil, deste xeito os lobos eran dirixidos nunha batida, mediante ruído e lume, cara o punto onde estes muros de estreitaban, deixando un pequeno paso e como única saída un pozo circular levantado tamén en pedra.
O sendeiro dicurre polas parroquias de Carballedo(muíño do Lombiño, piscina fluvial da Chan), Rebordelo(aldea de Sabugueiro, ermida de San Brais), Loureiro(Aldea de Arufe, Igrexa, muíño de Chandolío, muíño dos Pasos, muíño do Beseiro, muíño da Portalaxa, batán de liño), Corredoira( Ponte Serrapio, Foxo do Lobo).Ten unha lonxitude de 10,5 km, cunha dificultade media.Accédese ó lugar de A Chan en Carballedo, dende Pontevedra mediante a estrada PO-233, que enlaza coa N-541 á altura de Bora.