Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Senda Frei Martin Sarmiento

A Ruta FREI MARTÍN SARMIENTO é un sendeiro circular clasificado como de pequeno percorrido, cunha distancia total de 11 Km 846 m, tendo o seu punto inicial e final no casco urbano de Cerdedo, para dirixirse ó Monte Seixo que é a parte máis alta. (Desnivel ascendente 405m / Desnivel descendente 400 m). Dificultade media.

Comenza pois este sendeiro, na rúa da Torrente e baixa por unha antiga calzada mediaval, onde se atopa o Río Castro, que cruzamos a través da Ponte romana de San Antón, para chegar a capela do mesmo nome e o cruceiro, de seguido dirixímonos a aldea de Lourido, nesta subida entre antigos muros de pedra, atopámonos nun frondoso bosque autóctono de carballos e castiñeiros, o que fai desta zona un lugar paradisíaco e cunhas impresionantes vistas panorámicas.

(clic na imaxe para ampliar)

O chegar a Lourido, aldea coas típicas vivendas de pedra do rural galego, horreos, eirado e capela de Sta. Catalina (S. XVIII), comenzamos a baixar cara a aldea da Revolta por un camiño sombrío e moi agradable para o paseo e disfrute da natureza e chegamos o lugar de Cabenca onde temos duas opcións: unha por un camiño entre os campos, e outra polo medio da aldea destacando nesta, dous carballos centenarios e tamén segundo a lenda popular a casa onde foi enxendrada Rosalía de Castro; ó final da aldea atopamos a Capela de San Salvador (S.XVI).

Seguimos o camiño cara a aldea de Meilide, neste tramo destaca a ponte que cruza o Río Sillar que xunto coa vexetación de ribeira, fan un fermoso pecorrido. Pero o que realmente destaca e a casa na que habitou Frei Martín Sarmiento, rematando o tramo na Capela da Virxe de Loreto (S XVIII). Seguimos ascendendo ata chegar ó lugar de Carballás, situado preto da cima do monte Seixo, típico lugar do rural galego, que nos da unha idea das difíciles condicións de vida que sufriron os nosos antepasados e as duras condicións climatolóxicas. Nesta aldea destaca o Cruceiro da Capela, a capela da Inmaculada Concepción e unha fonte que favorece un alto no camiño.

Chegado a este punto, comenzamos o descenso cara a aldea de Barro e de esta, a Arén, neste tramo é de destacar a vexetación, e os antigos camiños. Xa na aldea de Barro atopámonos con dous lavadoiros con fonte, horreos e en Arén se nos desviamos un pouco pódense visitar tres antigos muiños. Desde aquí seguimos o camiño por un tramo entre os campos e chegamos a Ponte Piñoa para dirixirnos a Area recreativa e deseguido subir o conxunto arquitectónico composto por: igrexa de San Xoan Bautista, cemiterio, cruceiro, praza e casa rectoral, o que pon fin a esta fermosa ruta.