Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Senda A Vía Escondida PRG-68 (Viascón)

Lonxitude: 15,8 km (14,3 km a ruta principal e 1,5 km a derivación de ida e volta)
Punto de partida/chegada: Carballeira de San Xusto en San Xurxo de Sacos.
Percorrido: Carballeira de San Xusto, Baños de San Xusto, Ponte Nova, Fentáns, Ponte Nova, Cutián, Fontán, San Xurxo de Sacos e carballeira de San Xusto. Hai unha derivación dende Cernadelo ata o petroglifo de A Laxe das Rodas.

O sendeiro de San Xusto PRG-29, segue, na súa maior parte, por antigas calzadas empedradas e camiños rurais.

A riqueza da vexetación é extraordinaria: bosques de ribeira e algúns bosquetes caducifolios autóctonos. Son frecuentes os carballos, castiñeiros, bidueiros e piñeiros, así como zonas de vexetación densa (fieitos, enredadeiras, carriza…)nas beiras do río Lérez e doutros pequenos regatos.

Ao longo do percorrido pásase por 8 muíños (a maior parte deles en mal estado de conservación) catro deles en Baños de San Xusto, dous en San Xurxo, uno en Cutián e o Muíño do Medo.

O camiño comenza na capela de San Xusto, e se descende ata os baños de San Xusto.

(clic nas imaxes para ampliar)

Seguimos pola beira do río, ata chegar á Ponte Nova que nos permitirá cruzar o río Lérez. Neste punto poderíamos voltar por Cutián nun percorrido circular ata chegar ó punto de incio, ou continuar e cruzar a Fentáns, para admirar os petroglifos tallados por artistas de fai 3000 e 4000 anos.( Laxe das Ferraduras, Laxe dos Cebros, Coto do Rapadoiro, e outros)