Sendeiro circular de algo máis de 13km aproximadamente pola ribeira do rio Seixo e as saias do Monte do Seixo no LIC Serra do Cando. A duración do roteiro dura aproximadamente 4 horas.
Comeza o sendeiro na aldea de Cabenca, ata alí podemos chegar en coche con bos accesos. A Capela de San Salvador (s.XVI) é o primeiro punto histórico que podemos visitar. Unha vez abandonamos a aldea de Cabenca collemos un camiño que se adentra en fermosas paraxes nos bosques autóctonos de carballos e castiñeiros que acompañan ao rio Seixo no seu percorrido no que atopamos algunhas pozas de auga nas que gozar dun baño e numeros muíños agora en desuso.
Alcanzada a aldea de Cavadosa, atopamos unha fermosa fervenza con varios muíños. O máis grande o atopamos neste punto. O muíño conta cunha parte adicada á moenda e outra na que se desenvolvían as actividades de serrería e ferrería.
A continuación nos diriximos por un sendeiro que discorre por amplios camiños á beira dos cumios do Monde do Seixo onde gozar de espectaculares panorámicas do Concello cargadas de matices de cores pola vexetación da zona.
Unha vez descendemos dos cumios, chegamos á aldea de Meilide onde atopamos a Capela da Virxe de Loreto (s.XVIII) e a casa de Frei Martin Sarmiento. Finalmente dirixímonos cara Piñoa, pasando ao carón da Hermida de San Salvador e regresamos a Cabenca.