Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Ruta BTT de Viascón

Distancia aproximada: 20 kms
Dificultade: Alta. Ruta larga con varios tramos trialeiros de pedras grandes, en algún caso casi impracticable. Salvando esto, a ruta é moi bonita pola súa diversidade: monte alto con vistas, bosque, sendeiros ribereños moi salvaxes (en desuso)…
Duración aproximada: 3 ´5-4 horas
Cómo chegar: Pola N-541 (Pontevedra-Ourense), dende Pontevedra ata Ponte Bora, dende onde parte unha carretera a Carballedo (12 km). Si se ven dende Ourense, en San Xurxo de Sacos xa se pode tomar desvío a Carballedo por Cuspedriños, a uns 10 km do cruce da N-541.

Percorrido:
A saída prodúcese dende o centro BTT de Carballedo, detrás do concello, xunto á caixa de aforros.
Baixamos hacia o concello, e dende alí torcemos á dereita hacia a piscifactoría. Nada máis rebasala, xírase hacia Paraños e ao pouco xa iniciamos as primeiras pistas. Ao principio asumimos tramos fáciles pechados de xestas, pero pronto aparécennos as primeiras trialeiras que poñen a proba a nosa destreza subindo pola fonte das ratas.Enganchamos un tramo corto de asfalto na carretera PO-232 compartindo dende este punto o traxecto coa ruta BTT de Carballedo. Ignorando o desvío pola estrada a Viascón e Cabanelas, entramos en pista de terra moi pisada (coincidencia con sendero GR-94), , alcanzando altitude rápidamente, o que permite as primeiras vistas panorámicas.

(clic na imaxe para ampliar)

Nunha recta ancha, a pouco máis dun km de iniciar a subida, despedímonos da ruta irmán de Carballedo. A última baixada acércanos á poboación de Cuspedriños, xunto o seu campo da feira, e un merendeiro recentemente preparado.

Dirixímonos agora hacia Viascón, baixando polo Coto Ramalloso e o Monte Meán, cunhas bonitas vistas do val do río Lérez. En pleno descenso por pistas anchas atopámonos co sendeiro PRG-68 A Vía Escondida , e á par del continuamos por zona boscosa de eucaliptos ata atoparnos co camiño pavimentado A Verea Vella, onde despedímonos do PRG ( polo momento) e iniciamos descenso a Viascón pasando polo lugar de A Bouza.

Crúzase a N-541 por viaducto, e pouco antes da igrexa parroquial de Santiago e o cemiterio hai que xirar á dereita e tomar unha pista de terra que nos irá acercando ao lugar de A Atalaya. Dende alí, un lixeiro descenso entre muro baixo, acércanos á ponte da carretera de Campo Lameiro. Tras un breve paso por asfalto, adentrámonos por unha pista estreita bastante rota hacia o Rego da Veiga Grande.Aquí, recoméndase tomar unha corta derivación do recorrido, que nos acerca á ponte medieval.De este punto para o camiñante, parte unha derivación da ruta de sendeirismo para ver os petroglifos de Fentáns.

Voltando sobre as nosas rodadas, teremos que facer un último esforzo, sempre por chan pavimentado, ata chegar ao final da nosa ruta. Primeiro subimos polo lugar de O Castro e Fontán, ata a N-541 que pasaremos por debaixo, e xunto ao supermercado, tomamos pista pavimentada que en un suspiro, póñenos en línea coa carretera PO-232. Un tramo longo, de casi 2 km, sitúanos de novo en Cuspedriños, onde conclúe a ruta propiamente dita. No caso de ter que volver ao centro BTT, por ter alí o vehículo portador de bici, debemos continuar por esta carretera PO-232 e o chegar ao cruce coa carretera de Caroi xirar á dereita hacia Carballedo.