Distancia aproximada: 35 kms
Dificultade: Media. A maioría do traxecto é por pistas pisadas en aceptable estado, tan só pequnos tramos, con algunha trialeira, e un tramo xunto ao río con bastante pedra e barro .
Duración aproximada: 3´5 horas
Cómo chegar: Pola N-541 (Pontevedra-Ourense) dende Pontevedra ata Ponte Bora, dende onde parte unha carretera a Carballedo (12 kms). Si se ven dende Ourense, en San Xurxo de Sacos, xa se pode tomar desvío a Carballedo por Cuspedriños, a uns 10 kms do cruce da N-541.
Percorrido:
A saída prodúcese dende o centro BTT de Carballedo, no pequeno estacionamento detrás do concello, xunto á caixa de aforros. De alí baixamos ata o concello , cruzamos a carretera xeral e comenzamos a aventura. Enseguida apreciamos a beleza do río Almofrei na primeira ponte que atravesamos. Logo, pistas fáciles lévannos ás piscinas fluviais de Pozo Negro e a área recreativa cercana ben arbolada.
Tras un breve paso por asfalto, a ruta segue polas pistas de concentración parcelaria e pasa cerca da capela de San Roque no lugar de O Sabugueiro, e o camiño levaranos á parroquia de Ponte Borela, dende onde continuamos por carretera ata A Xesteira. De alí nos trasladamos ata Vilanova, pasando polo artístico Cruceiro das Chans.
Adentrámonos nos montes de Tenorio, e o recorrido acércanos ó centro de Tenorio, por carretera no último tramo.
Subimos ata o Monte Castelo pasando pola igrexa e mosteiro de San Pedro Deixando atrás a igrexa, comenza a subida eó lado dun pequeño merendeiro, comenza a pista de subida ó Monte Castelo.Baíxase ata as casas máis altas da aldea de Rascadería. De aquí, baixamos ata o cruce coa carretera xeral de Pontevedra a Carballdeo e iniciar o regreso ata o centro BTT trala casa consistorial.