Ten unha lonxitude aproximada de 3.6 kms cun percorrido dunhas dúas horas, sendo a dificultade media.O inicio está no arboreto de especies autóctonas enfrente do campo de fútbol, que está na carretera PO-233, pasa pola beira do río Almofrei ata chegar á área recreativa O Pozo Negro. Durante todo o sendeiro, pásase por unha gran cantidade de muíños.