Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Recollida de roupa e calzado usado

O Concello de Cerdedo-Cotobade ten un acordo de colaboración coa empresa de economía social Arroupa – Cáritas para a  recollida de roupa. calzado e tecidos usados en diferentes puntos do municipio. O proxecto ten dúas finalidades: por unha banda aforrar custos no tratamento de residuos evitando que se tiren prendas de vestir nos colectores xenéricos e, por outra -e máis importante-, facilitarlles ás familias con menos recursos lotes de roupa en bo estado.
Arroupa é unha empresa de economía social, dedicada á reciclaxe e posta en valor da roupa usada, que dá traballo a persoas nunha situación de marxinación. O seu fin é fornecer pezas para os máis necesitados, a roupa reutilizable envíase para a súa venda ás tendas de segunda man abertas con cargo ao proxecto e o material que non pode ser recuperado envíase a plantas de reciclaxe.

Existen tres colectores de recollida:
  •  Punto Limpo
  • Aparcadoiro público de Cerdedo
  • Marquesiña de autobús do colexio público de Tenorio.

Os veciños poderán depositar nesta colectores roupa, calzado, bolsos e téxtiles como mantas. As prendas en boas condicións serán ofertadas a familias e colectivos que precisen de axuda social, mentres que as inservibles serán enviadas a centros axeitados para a súa reciclaxe.Para aproveitar ao máximo os colectores e facilitar a xestión, desde o Concello pídese que a roupa se deposite neles en bolsas e -preferentemente- dobrada.