Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

FOGUEIRAS SAN XOAN 2021

CONSIDERACIONS XERAIS:

  • A fogueira deberá comunicarse ao Concello a través do Rexistro Xeral do Concello ou da Sede Electrónica cunha instancia xeral, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00h ata o dia 22 de Xuño. A comunicación conleva  unha taxa de 5 euros.
  • Deberase facilitar os seguintes datos:

– Nome e apelidos da persoa/as responsable/s da fogueira.

– DNI

– Teléfono móbil, que deberá estar dispoñible en todo momento durante a celebración da fogueira.

– Referencia catastral da parcela ou coordenadas exactas da localización da fogueira.

– Obriga de coñecer os teléfonos de emerxencias: 012 (Emerxencias) 085 (lumes forestais) e 661.64.14.79 (Protección Civil do Concello).

  • No momento da comunicación no Concello, serán facilitadas as medidas preventivas ambientais de obrigado cumprimento.

 

  • Unicamente poderán levarse a cabo aquelas fogueiras que fosen previamente comunicadas ao Concello e que se atopen en terreos particulares localizados en solo urbano ou en solo de núcleo rural. Deste xeito, está PROHIBIDO realizar lume en solo rústico de calquera uso e en zonas próximas a terreos con masas forestais susceptibles de provocar un incendio. Neste senso, non se poderá prender lume preto de masas forestais ou matogueiras (manter sempre unha distancia mínima de 50 metros).

 

  • NON ESTÁN PERMITIDAS as fogueiras veciñais ou comunitarias en espazos públicos ou en terreos privados ou comunais, susceptibles de seren utilizados por una colectividade indeterminada de persoas, xa que non se podería garantir a seguridade e cumprimento das normas de distancia interpersoal e aforamentos máximos. Está prohibido o uso das áreas recreativas para a celebración de fogueiras ou barbacoas.

 

  • Serán de obrigado cumprimento as normas sanitarias de distanciamento interpersoal, uso de mascarillas, aforamentos máximos, medidas e hixiene e as de control pola persoa organizadora para evitar aglomeracións así como calquera outra norma que poidan ditar as autoridades competentes e que estean en vigor no momento da celebración da fogueira.

BANDO FOGUEIRAS

MEDIDAS PREVENTIVAS AMBIENTAIS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO

  • Non se poderá prender lume preto de masas forestais ou matogueiras (manter sempre unha distancia mínima de 50 metros).
  • As fogueiras terán que distar un mínimo de 15 metros a construcións/edificacións, tendidos eléctricos, telefónicos ou vehículos. O volume de combustible que forme a fogueira non poderá exceder os 2 metros de altura e 3 m de diámetro. Deberase contar cun medio de extinción do lume axeitado ás dimensións da fogueira.
  • Non poderá iniciarse ningunha fogueira cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente se é un día de vento. Asemade, se iniciado o lume se producise a aparición de vento intenso, procederase a apagalo. Non se abandonará a vixilancia da zona da fogueira ata que o lume estea totalmente apagado.
  • Está prohibida a queima de todo tipo de residuos en cuxa composición interveña o plástico, colchóns, rodas, latas, vidro, PVC, aerosois, aceites, produtos inflamables ou explosivos… e en xeral, calquera sustancia que ao arder desprenda gases ou fumes tóxicos.
Compartir
9 Xuño, 2021