Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Excursión a Ribeira Sacra 2018

O Concello de Cerdedo-Cotobade organiza unha viaxe a Ribeira Sacra o día 27 de outubro  de 2018 para os maiores de Cerdedo-Cotobade

 “Esta excursión comenzará  cunha saída pola mañá cedo en autobús dende Carballedo  e Cerdedo ás 7.30 horas, pasando por Tenorio ás 7.50 horas  facendo unha parada no camiño  en Ourese para tomar un café  e posteriormente dirixirnos ao embarcadoiro de Doade, coller o barco e admirar os viñedos onde se cultivan as uvas que dan orixe  o viño de denominación de orixe Ribeira Sacra.

A continuación  achegaremonos a Adega Vella , situada no pobo de Abeleda (Teixeira), instalación de pedra do século XII, nela faise o viño de mencía, brencellao e mouratón. Alí poderán  degustar o viño e tomar un aperitivo. A comida será en  Casa Mesón Lelo en Abeleda.

Despois da comida  visitaremos   Castro Caldelas onde terán tempo para dar un paseo polas suas rúas empedradas, casas de galería, o castillo do século XIV.. e mercar o dulce típico da zona, a bica.

Posteriormente, visitaremos o Monasterio de San Pedro de Rocas, conxunto monacal de máis antigüedade Galicia. E finalmente volta os nosos lugares de orixe en Cerdedo-Cotobade”.

REQUISITOS:

-Estar empadroados.

-Ter  máis 65 anos e xubilados.

-Non ter ido a excursión da Ribeira Sacra realizada polo Concello en novembro de 2017.

 

CUOTA DE INSCRIPCION: 20 EUROS

 LUGAR E DATA DE INSCRIPCIÓN: Do 3 ao 25 de outubro, no Departamento de Servizos Sociais do Concello, en horario de  10.00 horas a 13:30 horas. O número de prazas son  limitadas e se asignaran por orde de inscripción. Terán preferencia as persoas que quedaran en lista de espera na excursión da Ribeira Sacra realizada en novembro de 2017.

Compartir
2 Outubro, 2018