O GDR Pontevedra Morrazo inicia un amplo proceso de participación cidadá para deseñar a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) 2023_2027 que orientará os fondos europeos da medida LEADER no territorio (concellos de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa)
A participación neste proceso é aberta e calquera persoa ou entidade poderá enviar as súas achegas e suxestións a través dun cuestionario online no que queremos recoller a súa opinión sobre as principais necesidades e prioridades para o desenvolvemento do territorio. O tratamento dos datos será global, non facendo referencia ás persoas participantes.
Entre todos deseñaremos as prioridades do territorio para os próximos anos para poñer en marcha as medidas necesarias que contribúan a revitalizar o rural, a facelo habitable e habitado, dinámico e integrador.