Plan Concellos anualidade 2023

O Concello de Cerdedo-Cotobade percibe una subvención de 169.651,63 € da Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro da liña 3: emprego do Plan Concellos anualidade 2023.

A este importe, o Concello fai una aportación municipal de 61.000 € para contratar a 20 traballadores desempregados por un periodo de 7 meses.

Os traballos máis salientables que realizarán por ocupacións son:

  1. ENCOFRADORES
    1. Tarefas básicas de reparacións urxentes
    2. Pavimentacións en formigón
    3. Muros de cerramento

 

  1. PODADOR, DESBROZADOR E MOTOSERRISTA FORESTAL
    1. Tarefas de limpeza e desbroce de rutas sendeirismo
    2. Acondicionamento de zonas verdes e naturais

 

  1. CONDUCTOR-OPERADOR DE MAQUINARIA FORESTAL A MOTOR
    1. Conducción tractores municipais para desbroces e limpeza de parcelas de titularidade municipal.

 

  1. CONDUCTOR CAMIÓN
    1. Conducción do camión.

 

  1. PINTORES DE VIAS URBANAS
    1. Tarefas de pintado de vías e dependencias municipais.
    2. Mellora da sinalización horizontal en estradas de titularidade municipal.

 

 

A posta en marcha destes servizos será a partires do 1 de abril de 2023, tras a realización do correspondente proceso selectivo.