Convenio de colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas para a realización do Acondicionamento da Estrada que vai deCerdedoa Caroi,

O Concello de Cerdedo-Cotobade asinou un convenio de colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas  para a realización do Acondicionamento da Estrada que vai deCerdedoa Caroi, vista a necesidade desta actuación  que se motiva na necesidade de mellorar as comunicacións entre a capitalidade do novo municipio resultado da fusión, sita no lugar de Chan (Carballedo) con Cerdedo.

O obxectivo deste convenio é establecer as bases de colaboración técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cerdedo-Cotobade que permitan deseñar o acondicionamento do vial municipal  que uneCerdedocon Caroi, o cal xunto coa estrada provincial PO-224 conformará un eixo vertebrador  do concello fusionado, acurtando e facilitando  os desprazamentos  entre as antigas cabeceiras  municipais e polo tanto  consolidando un funcionamento   unificado do seu  ámbito territorial  para, posteriormente, noutra fase,  proceder a executar as obras.

Este convenio financiará tanto a realización dos traballos de Redacción do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións, así como a Redacción do Proxecto de Construcción  e a Xestión dos Expedientes de Expropiacións destinando a tal fin a cantidade de 89.500,00€.

Na actualidade este convenio atópase na fase de Redacción do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións, o cal xa conta co Informe Ambiental Estratéxico.