Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Patrimonio Etnográfico

EIRADOS -UNHA VILA EN TORNO AO HORREO

Un dos elementos constructivos máis representativos de Galicia son os hórreos ou canastros, unha das dependencias máis importantes das casas labregas de antaño.

Tiñan como función principal a almacenaxe e secado de cereais, en especial do millo, o cal esixía unha boa ventilación e un sistema de protección contra roedores e paxaros.

A agrupación singular de hórreos coñécese como “eirados”. O Concello de Cerdedo é unha das vilas galegas nas que podemos atopar máis eirados ben conservados e catalogados como bens patrimoniais.

Dentro da parroquia de Cerdedo, e próxima á Praza do Concello, ubícase a chamada “Eira da Pena”.

Trátase dun conxunto arquitectónico composto de 9 hórreos.

Atópanse nun alto, e illados das casas do núcleo, de modo que constitúen unha referencia na paisaxe. Resultan interesantes pola forma de colocarse en torno a un prado adicado tradicionalmente ás mallas colectivas.

Lugar de paso obrigatorio para todos aqueles camiñantes que desexen facer a “Ruta das Pontes do Lérez”.

UT M T 29 E T R S 89:    X: 549.796,63 Y: 4.709.238,19

DATUM WGS84  X: 549.793,97 Y: 4.709.240,70

(clic para ampliar)

Na parroquia de Santo Estevo de Pedre atópase un dos eirados máis coñecidos pola contorna, denominado “Eira Grande”.

Unha praza formada por un conxunto de 12 hórreos, totalmente rehabilitados, e construídos todos eles en pedra e madeira, e cubrición a dúas augas a base de tella e de pedra.

Na mesma eira hai outra máis pequena chamada “Eira do Pallal”.

Nestras prazas xuntábanse os veciños para mallar o centeo e desfollar o millo; as bromas, os contos e cantigas populares estaban sempre aseguradas.

UT M T 29 E T R S 89:    X: 546.371,83 Y: 4.708.827,59

DATUM WGS84  X: 546.371,82 Y: 4.708.829,12

(clic para ampliar)

A “Eira da Hermida” está situada no lugar de Filgueira (parroquia de Sta. Baia de Castro).

Ubicada na ladeira de Pena Redonda, conta cun interese paisaxístico e etnográfico singular.  As fermosas vistas do val de Quireza non deixarán indiferente a ninguén.

É un fermoso eirado composto por unha agrupación de 21 hórreos en moi bo estado de conservación.

Completan este conxunto a Ermida da Virxe dos Remedios, de estilo barroco e un cruceiro.

UT M T 29 E T R S 89:   X: 547.724,10  Y : 4.712.677,12

DATUM WGS84  X: 547731,5   Y:4712679,84

(clic para ampliar)

MUÍÑOS

Un muíño no Regueiro do Batán, abeirado de prados é destacable.

É salientable no lugar, o bo estado de conservación do muíño do núcleo.

Hai dous muíños unidos por un pasa pedras nun tramo ancho e de pouca profundidade.

A Ponte do Cando e dous muíños na cunca do río Quireza, xunto ó bosque de ribeira, forman un conxunto de sobranceiro interese.