Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Patrimonio Civil

A gran riqueza artística da arquitectura popular vén dada polos grandes canteiros que houbo nestas terras.

As construcións tradicionais en pedra como canastros, pombais, muíños, pazos, fosos de lobos… ten un gran valor para saber como era a vida nestas terras.

CASAS E PAZOS

Casa da Braña

Casa que ten planta rectangular, baixo e piso. En cada fachada, unha longa solaina con balaustrada de pedra e pilares que sosteñen o teito, acceso por medio de escaleiras exteriores laterais.
Baixo a solaina, fórmase un porche adintelado sostido por piares. Reloxo de sol na esquina da casa e hórreo na eira.

Casa dos Deán ( Os Lourenzos)

Fachada principal con dúas torres, a da esquerda ten dobre altura que a dereita, ámbalas dúas almenadas. Escalinata con balaustrada en forma de L, que accede á porta principal. A vivenda leva planta baixa e piso, só a torre máis alta ten un piso máis. Ámbalas dúas torres levan unha fila de fiestras de medio punto sobre pilastras.

Pazo Bermúdez de Castro

Pranta cadrada con torre en fachada. Na fachada, a torre está no medio de dous pisos máis, rematada en almenado e con cornisa de onde saen catro gárgolas, unha en cada esquina. Accédese á casa por un camiño con muro e restos de importante entrada.

Pazo das Raposeiras

O Pazo de Raposeiras de finais do s. XVI – comezos do s. XVII, casa familiar de Frei Martín Sarmiento, agóchase entre prados na parte baixa da aldea.

PONTES

Ponte da Carballa

Obra comunitaria realizada para servicio dos veciños de ambas marxes do río. O muíño cercano a ela ten a súa orixe no século XVII.

Ponte das Codeseiras

Construída durante a 2ª República para a comunicación das terras de Montes e Deza.

Ponte de Almofrei

No lugar de A Arrotea, destaca unha ponte de sillería do século XVI, dun só ollo de arco de medio punto, lixeiramente apuntado e apoiado nas rochas.
Pola ponte cruza unha calzada empedrada, supostamente romana e que enlaza coa parroquia de Tourón ( Ponte Caldelas)

Ponte de Parada

De orixe romana, foi reconstruída no século XIII, sendo calzada e camiño por onde se transportaba o viño dende o Ribeiro a Santiago.

Ponte de Pedre

A historia relaciónaa coas antigas vías romanas, camiños de peregrinaxe cara Santiago e a invasión das tropas Napoleónicas. Sitúase na confluencia do Lérez co seu afluente o Quireza e sábese que foi reconstruída no século XIII.

Ponte de San Antón

Sobre o río Castro, afluente do Lérez, a súa importancia histórica vencéllase a antigos camiños que se dirixían cara os lugares de Parada, Castrelo e Tabeirós ata chegar a Santiago.

Ponte do Crego

É unha obra do século XVIII e vencéllase a distintas lendas relacionadas co Castro de Loureiro e ás aparicións.

Ponte Gomail

Do século XV, atópase nun entorno de importancia ecolóxica e paisaxística. Presenta dous vans e era utilizada polos peregrinos e comerciantes cara as feiras máis importantes.

Ponte Maril

Situada na carballeira chamada do “Foxo Vello”, foi obra do canteiro Maril, veciño do lugar de Espindo, hai xa século e medio, e hoxe serve de acceso ó campamento xuvenil.

Ponte medieval de Borela

Ponte medieval do século XV con arco oxival, que atravesa o río Almofrei, un dos afluentes máis importantes do río Lérez, cunha lonxitude de aproximadamente de 26 km.

De orixe romana, foi reconstruida no século XIII, sendo calzada y camiño por onde se transportaba o viño dende o Ribeiro a Santiago.

Na estrada de Folgoso a Forcarei e A Estrada, é unha obra de enxeniería recente. Detrás da capela próxima había unha antiga ponte de madeira que cruzaba o denominado Pozo Negro onde segundo a lenda existían “tesouros” importantes.

S. Gonzalo das Penas foi o promotor desta obra (s. XV). A ponte permitía a comunicación co val do Umia e con Santiago. Os franceses alcanzaron o Mosterio de Acibeiro durante a Guerra da Independencia.

Ponte Vella do Rabadelo

Constitúe, nas proximidades do Mosterio de Acibeiro, o inicio e a fin do roteiro de sendeirismo.

OTROS

Balneario

Restos dunhas antigas instalacións, que datan de 1915. Están adicadas a tratamentos minero-medicinais e augas sulfurosas a carón do río Lérez.
A xente viña de tódalas partes da provincia de Pontevedra, e tamén de fora dela. Estas augas foron e son moi loubadas, sendo daquela, aconselladas e recetadas polos médicos para distintas doenzas: estómago e aparato dixestivo en xeral, fígado e sobor de todo para as cutáneas. Aínda hoxe hai dúas bañeiras en uso.

Campo da feira de Cuspedriños

No campo da feira de Cuspedriños, atópase un conxunto moi interesante cun grande valor etnográfico.

Os alpendres (construccións creadas para gardar apeiros de labranza, e realizar obradoiros artesanais nos días de choiva), construídos en 1915, e renovados recientemente.

No conxunto, atópase a capela de Virxe do Carme, e xunto a ela un peto de ánimas, unha das manifestacións materiais de culto ós mortos.