Museos e PIV (Punto de Información Virtual)

CASA DA GAITA

Situada en Viascón, Concello deCerdedo– Cotobade, a Casa da Gaita será un dos lugares de referencia para a música tradicional galega.

Conscientes de todo o que representa o lugar de Viascón na historia recente do noso instrumento nacional o Concello deCerdedo– Cotobade e Terras de Pontevedra, xunto con outras entidades, apoiaron a creación da Casa da Gaita.

Un edificio xestionado pola AGG (Asociación de Gaiteiros Galegos) que está adicado á gaita de fol, a súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galiza: Ricardo Portela.

A casa da Gaita acolle unha colección de instrumentos na que ademais de gaitas antigas, aparecen outros instrumentos musicais que acompañaron a gaita de fol: tambores, bombos, clarinetes, frautas e requintas.

Tamén acharedes información sobre o xeito tradicional de aprender a tocar a gaita e sobre a súa historia.

Esta colección tamén conta cunha exposición de mais de trinta fotografías antigas relacionadas coa gaita e os gaiteiros, así como os recursos multimedia que permitirán achegarse á historia e construcción de todos os instrumentos musicais galegos.

Os visitantes coñecerán, tamén diversos aspectos da vida de Ricardo Portela, Presidente Fundador e Presidente de Honra da Asociación de Gaiteiros Galegos, e tamén referente indiscutíbel dos músicos tradicionais galegos.

A maiores desta exposición permanente, organizaranse actividades vencelladas coa música e a cultura tradicional durante todo o ano.

Poderase visitar en horario de 10 h a 13h e de 17h a 19 h de luns a venres

Teléfono de contacto: 986 847 074

PUNTO DE INFORMACIÓN VIRTUAL

QUE É O PUNTO DE INFORMACIÓN VIRTUAL DO PATRIMONIO DE CERDEDOCOTOBADE?

O Concello deCerdedo– Cotobade aposta pola creación dunha ferramenta dixital onde se proporciona acceso ao extenso patrimonio cultural catalogado, un interesante legado de máis de 115 bens, entre os que destacan espectaculares estacións de arte rupestre como as de Lombo da Costa, Outeiro do Morcego, ou Pedra das Ferraduras, entre outras; e poboados fortificados da Idade do Ferro como o castro da Cividá, a Cruz do Castro ou o Coto do Castro.

De igual xeito se incorporan elementos etnográficos e naturais especialmente particulares e sen os que non se pode entender a vida no pasado recente do concello, como acontece co caso do Foxo do Lobo das Brañeiras, en San Miguel de Carballedo,a Canle da Auga en San Martiño de Borela, ou a Carballeira de San Xusto en San Xurxo de Sacos entre outros moitos exemplos.

O que se pretende con esta plataforma é que sexa áxil e sinxela a localización de calquera tipo de ben patrimonial de interese do concello, facilitándolle ao visitante unha ampla información do noso catálogo, apoiada na visualización de material gráfico é audiovisual, e con varias propostas de rutas para realizar.