Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

CONCURSO DE DECORACION DE NADAL

BASES DO CONCURSO DE DECORACIÓN DO NADAL “CERDEDO-COTOBADE É NADAL”
1. OBXECTO
O obxectivo e intentar que os lugares do noso Concello se impregnen do espírito de Nadal coa colaboración de todos, cos seguintes fines:
Dinamizar a participación activa dos-as cidadáns do Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).
Colaborar e infundir un ambiente de Nadal decorativo baseado en valores como o traballo en común, a fraternidade ou a cooperación.
Contribuír ao aforro económico en torno a materiais de decoración do Nadal e dispoñer de elementos decorativos que aporten a localidade un entorno de Nadal acolledor e ilusiónante.
Fomentar o uso de materiais reciclables como recurso educativo á cidadanía a través da transformación do espazo.
Sensibilizar do problema dos residuos e da importancia do reciclaxe.
Establécense dúas categorías de participantes:
Familiar\Individual.
Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas maiores de idade con residencia no municipio de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) que realicen a decoración da súa vivenda.
Poderán participar os establecementos da cidade que teñan escaparate visible dende a vía pública e aqueles que ofrezan outro tipo de servizos como bares, restaurantes, cafeterías, asesorías, inmobiliarias, hoteis, pensións, estudios etc. que dispoñan dun balcón, xanela, porta, fachada.
Os participantes responsabilizaranse do adecuado cumprimento destas bases e da realización dos trámites, permisos, medidas preventivas ou de calquera índole que puideran ser precisas para a súa participación no concurso, eximindo ao Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) de calquera responsabilidade polo seu incumprimento ou omisión.
Todos os negocios que queiran participar deben estar abertos ao público e en posesión da Licenza Municipal de Actividade correspondente.
Os interesados en participar deberán inscribirse cumprimentando e entregando no Concello o formulario de inscrición xuntado a estas bases. Poderán presentalo de forma presencial en horario de atención ao público ( luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) ou a través do correo electrónico omix@cerdedo-cotobade.gal.ENTIDADE ORGANIZADORA.
O Organismo encargado da valoración do concurso será o Excelentísimo Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) a través do Departamento de Cultura onde se dirixirán aquelas posibles incidencias, comunicados etc. que se produzan durante a celebración de dito concurso a través do correo electrónico omix@cerdedo-cotobade.gal.

MATERIAIS EMPREGADOS.
Os materiais empregados para a decoración deberán ser na súa meirande parte material reciclado, así como materiais provenientes da natureza ou outro medio natural sempre que non se prexudique ou dane o medioambiente.
Os participantes disporán de liberdade no estilo e técnica empregada na decoración da vivenda ou negocio.
Os elemento decorativos que se empreguen non poderán causar ningún perigo ni prexuízo para as persoas e o bens e se basearan no reciclaxe, a ecoloxía e a creatividade.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
A montaxe e desmontaxe dos elementos decorativos realizarase por cada un dos participantes. Non se poderá solicitar axuda do almacén municipal para o porte ou colocación dos adornos.
A decoración presentada non poderá ser modificada, deberá ser visible dende a vía pública e non causar molestia aos veciños ou transeúntes nin obstruír o tráfico de vehículos ou persoas.
A decoración deberá ter relación co Nadal e os motivos tradicionais da mesma, tendo os participantes plena liberdade en canto a técnica e estilo decorativo, quedando totalmente prohibido a utilización de velas, facho, pirotecnia o calquera outro elemento que puidera resultar perigoso.
A decoración deberá permanecer exposta desde o día de solicitude ata o 07 de xaneiro de 2023 e contar coas condicións precisas de conservación, coidado e seguridade durante todo o período de exposición.
As persoas participantes decorarán as fachadas exteriores, balcón, xanela, porta e realizará una fotografía da mesma. As fotografías deben ser en formato dixital e poderán ser en cor ou en branco e negro.
As fotografías xunto coa inscrición cuberta deberán ser enviadas vía correo electrónico co asunto “concurso fotografía”, á dirección omix@cerdedo-cotobade.gal. Os participantes que non cumpran este requisito poderán ser excluídos, no correo deberase indicar a categoría a que se presenta, os datos persoais a dirección.
Asemade, todas as fotografías das decoracións que se envíen deben contar con:

a)Título da fotografía relacionado coa temática. O título da fotografía debe ser unha mensaxe non ofensiva, sendo excluídas nese caso (a casa, balcón, xanela, fachada debe estar no Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra). Serán exclusivas da decoración sen que poida aparecer persoas ou animais.

b)Nome e apelidos da persoa que a envía e no caso de negocio tamén o nome do mesmo.

c)Número de teléfono de contacto

d)Enderezo e localización das vivendas para o acto de comprobación.

e)D.N.I (fotografía ou fotocopia)

O prazo de admisión remata o día 15 de decembro.
A decoración deberá ser retirada polos participantes deixando a vía pública en perfecto estado de acondicionamento, limpeza e ornato.
Os participantes ceden o dereito das imaxes remitidas ao Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) par a súa publicación en medios de comunicación, páxina web, redes sociais, para a realización dun álbum recordatorio, así como calquera outro soporte físico ou audiovisual co obxecto de publicidade corporativa.

PRAZOS

Os prazos para o envío das fotografía será dende o día 30 de novembro ata o día 15 de decembro.

A decoración deberá estar exposta desde o día da solicitude ata o día 07 de xaneiro de 2023.

O prazo de resolución por parte do xurado dos gañadores do Concurso de Decoración do Nadal “Cerdedo-Cotobade é Nadal” será o día 19 de decembro.

A entrega de premios do Concurso de Decoración do Nadal “Cerdedo-Cotobade é Nadal” aos participantes que resulten gañadores por parte do Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) realizarase o día 23 de decembro.

TEMA
A Decoración do Nadal das fachadas, balcóns, xanelas, escaparates etc. que dan a vía pública.
VALORACIÓN.
Para a valoración das fotografías presentadas ao concurso, o xurado terá en conta os seguintes criterios:
Deseño.
c) Cantidade e tipoloxía de materiais reciclables ou da natureza empregados.
d) Adecuación coa imaxe xeral do espazo onde estea instalada.
e) Entusiasmo polo Nadal.

A selección dos gañadores-as será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será definitivo e inapelable.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.

A participación neste concurso supón a aceptación integra destas Bases, e das decisións do xurado.
Os premios divídense por categoría da seguinte forma:
Categoría Familiar\Individual: repartiranse catro premios de 150 €.
Categoría Colectiva: repartiranse catro premios de 150 €.
ENTREGA DE PREMIOS.
Os premiados serán convocados a un acto no Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) O día 23 de decembro 2022 no Pavillón de Deportes de Carballedo . Ao que teñen a obriga de asistir. En caso de non asistir entenderase que renuncian ao premio .
Os premiados recibirán o día do acto un diploma do Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) acreditativo do premio
Os premios liberaranse a través de transferencia bancaria.
A data de entrega dos premios do concurso comunicarase aos interesados e publicarase na web do Concello.

DISPOSICIONES FINALES

A participación implica a aceptación desta convocatoria e calquera circunstancia non prevista será resolta pola organización.
O Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), informalle que os datos de carácter persoal que sexan facilitados serán obxecto de tratamento nos nosos ficheiros, coa finalidade de xestionar a participación no concurso, comunicar a condición de gañadores e entregar os premios correspondentes. Os datos do nome, apelidos e o enderezo onde a decoración está instalada poderán ser publicados tanto nas páxinas web do organizador como en calquera outro medio de comunicación electrónico ou convencional. A participación no concurso supón a plena aceptación do tratamento e cesión dos datos persoais e do uso das fotografías proporcionadas, nos termos expostos nesta convocatoria.
Coa participación no neste concurso autorizase ao Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) ao uso de forma gratuíta da imaxe por tempo ilimitado.
A presente convocatoria publicarase na páxina web do Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) e no taboleiro de anuncios.

anexo I

Compartir
9 Novembro, 2022