Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

CHARLA “USA O MÓBIL CON CABEZA”

O vindeiro luns, 4 de xuño ás 18:30 horas no Centro Cultural de Cerdedo, charla taller dirixido aos pais, nais e titores sobre o uso axeitado do móbil e as novas ferramentas tecnolóxicas.

O educador social do Concello de Cerdedo-Cotobade, Xosé Lois Díaz Fernández, asesorará sobre todo o positivo e negativo do uso destes trebellos así como os perigos do uso das redes sociais.

Compartir
30 Maio, 2018