Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Axudas a promoción persoal a persoas con discapacidade

O Concello de Cerdedo-Cotobade informa ca Xunta de Galicia convoca axudas individuais de carácter non periódico, destinadas á adquisición de servizos de promoción de autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidad Autónoma de Galicia, coa finalidade de colaborar neste tipo de gastos orientados a mellorar  a capacidade persoal e facilitar as actividades da vida diaria.

Requisitos:

  1. Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, así como pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao total, absoluta ou grande invalidez, e os pensionistas de clases pasivas que teña recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo de inutilidade.
  2. Residir na Comunidad Autónoma de Galicia.
  3. Que a necesidade da axuda solicitada derive da tipoloxía de discapacidade recoñecida.
  4. Que as consecuencias derivadas da tipoloxía de discapacidade recoñecida que sirvan de base para valorar a idoneidade da subvención concedida manteñan a súa vixencia no periodo de referencia concretado no proxecto de intervención obxeto de subvención.
  5. Que a capacidade económica da persoa solicitante, non supere o 300% do IPREM para o ano 2018.

As actuacións subvencionables son:

  1. Respiro familiar (axuda familiar, centro residencial)
  2. Atención temperá (0-6 anos)
  3. Área de promoción, mantemento e recuperación de autonomía funcional: Rehabilitación funcional, fisioterapia, logopedia, atención psicológica e atención psiquiátrica, terapia ocupacional, podoloxía.
  4. Servizos de actividades e programas: lavandería e comida a domicilio.
  5. Servizo de apoio para o desenvolvemento profesional e social para as persoas dependentes en idade laboral: Formación ocupacional, formación prelaboral e formación práctico-laboral.
  6. Servizo de transporte adaptado e asistido.

Presentación electrónica na sede coa seguinte documentación:

  • Solicitude
  • Autorizacións Anexo II
  • Libro de familia
  • Certificado de discapacidade
  • Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma actuación ou gasto.

Lugar de presentación: Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, na Consellería de Política Social ou nos Servizos Sociais do Concello de Cerdedo-Cotobade. Prazo ata o 16 de novembro de 2018. O que se fai público para xeral coñecemento.

 

Compartir
22 Outubro, 2018