Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

AXUDAS A FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS

O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que a Consellería de Traballo e Benestar abriu o prazo para a presentación de solicitudes de AXUDAS  A FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS.

As solicitudes poden presentarse no departamento de servizos sociais do Concello  ou no rexistro das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

O prazo para a presentación das solicitudes remata o 16 de maio do 2017.

SOLICITUDE

REQUISITOS DE ACCESO:

  • Residir na Comunidade Autónoma galega.
  • Que os fillos/as teñan menos de tres anos, é decir nacidos entre o 02.01.2014 e o 01.01.2017 incluidos.
  • Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa persoa solicitante.
  • Que ningún dos membros da unidade familiar estiveran obrigados a presenta-la declaración da renda, nin a tiñan presentado de xeito voluntario.

DOCUMENTACIÓN:
  • Solicitude e anexos según modelo oficial
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de empadronamento do conxunto da unidade familiar.
  • Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
  • Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución judicial ou administrativa que a declare.

Compartir
6 Abril, 2017